Tataraboas | Galletas con historia, sabor e tradición
Dende o corazón do rural galego, Tataraboas elabora galletas artesás inspiradas nas receitas das nosas tataravoas, mulleres sabias que adozaban a vida con ingredientes naturais e moito amor. Con materias primas de proximidade e unha elaboración coidada, ofrecemos tres variedades:
Miñas – Veganas, con fariña de avea integral, aceite de coco virxe e azucre de panela.
Túas – Tradicionais, con manteiga, fariña de trigo autóctono e ovos campeiros.
Súas – Aromáticas, con aceite de oliva, especias e fariña de trigo autóctono.
Cun sabor que se intensifica co tempo.