o espirito da colmea
O espirito da colmea é unha iniciativa de apicultura sostible que se desarrolla na comarca da Ulloa, formada polos concellos de Monterroso, Antas e Palas de rei. Os apiairios de «o espirito» habitan os bosques de castiñeiros de Monterroso, as carballeiras de Palas e o monte Farelo cheo de uzes e toxos en Antas. Mediante principios de produción sostible baseada na protección dos nosos ecosistemas e das abellas, producimos mel, pole e própole cun procesamento mínimo para garantir un produto de calidade e que coide da natureza e da saúde das persoas.
No noso espírito de protexer o lugar que habitamos, situamos parte dos nosos apiarios en fincas custodiadas por Quercus sonora, asociación que custodia e garda o bosque Ulloán. Nestas fincas realizamos experiencias inmersivas e educativas nas que se unen a conexión ca natureza e as abellas, a concienciación sobre a conservación dos nosos habitats e a importancia da protección dos nosos principais polinizadores: as abellas.