Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega
Nosa Enerxía é unha cooperativa que, dende 2014, agrupa a usuarias e consumidoras de enerxía, tamén colectivas, co gallo de debater, repensar e democratizar o modelo enerxético actual. A partir do 2016 comezamos ademais a comercializar luz polo que pertencemos ao amplo grupo de comercializadoras que existen no estado, sendo a única compañía de enerxía galega pertencente á economía social. Defendemos a sustentabilidade, as enerxías renovables, o coidado pola nosa terra e, por suposto, o feminismo.