Cervexa AleAlé e Porto Alé

Dicen que as galegas sabemos comer e beber. Se a isto sumámoslle dez anos de experiencia, moita perseverancia, moita formación e o tesón e bo facer dun berciano, nace este proxecto cervexeiro de gran corazón. Cervexas naturais, clásicas ou vanguardistas, buscando abrir un espazo para a diversidade e distinción no amplio e interesante mundo da fermentación.