50pés consultoras
50pés consultoras somos profesionais da economía e do traballo en equipo. O noso obxectivo é axudar a iniciativas empresariais e sociais a desenvolver proxectos efectivos, sustentables e rendibles. Somos unha cooperativa formada por dúas socias: Mariola Mourelo, facilitadora de grupos, e Helena Sanmamede Maneiro, economista.
O que facemos? Traducción económica, Facilitación de grupos, Acompañamento personalizado, Formación Empresarial.
Tamén somos parte da Escuela de Emprendedoras Juana Millán e de Agrelar Consultora (acompañamento á covivenda).